

SINOPSE
O Entroido está aquí e a familia Ribeiro prepárase para festexar unha das tradicións preferidas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos dende a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do botín que lles caeu do ceo. Entre unha cosa e a outra, Modesto converteuse nun membro máis da familia. Un cuñado máis. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que acabará cun cadáver no medio da ponte internacional de Tui. E que converterá este Carnaval nun auténtico baile de máscaras.
OS CUÑADOS
Duración: 92 minutos
Idioma: Galego (tamén V.O.S.E e V.E.)
Ano: 2024
Localizacións: Ourense
Data de estrea: 19 de abril de 2024
Distribuidora: Baños Films
EQUIPO ARTÍSTICO
Xosé A. Touriñán: Sabonis
Miguel de Lira: Eduardo
Federico Pérez Rey: Modesto
Eva Fernández: Mati
Iolanda Muiños: Cuca
María Vázquez: Peque
Mela Casal: Aurelia
EQUIPO TÉCNICO
Director: Luis Avilés
Guionista: Araceli Gonda
Produtor ejecutivo: Alfonso Blanco
Directores de produción: Ana Míguez e Javi Lopa
Director de fotografía: Sergio Franco
Coordinador de dirección: Diego Méndez
Directora de arte: Andrea Pozo
Editora: Lu Rodríguez
Música orixinal: Santi Jul e Iván Laxe
Son directo: Juan Gay
Vestiario: Saturna
Maquillaxe e perruquería: Fanny Bello


Modesto
Como bo cuñado que é, non leva
nada ben non poder alardear. Por iso sente unha terrible frustración por non poder gastar o botín que conseguiu xunto ao resto dos cuñados. Nesta segunda entrega o posto do polbo é a súa tapadeira, pero non lles permite branquear os cartos tan rápido como lle gustaría a el.
FEDERICO PÉREZ REY

XOSÉ A. TOURIÑÁN
SABONIS
En +Cuñados Sabonis está feliz co seu
posto de polbo, toma moi en serio o traballo e dedica a maior parte do seu tempo a atendelo. Mais a vida non lle sorrí de todo: Peque non quere volver con el por moito que Sabonis intente demostrarlle que cambiou.

MIGUEL DE LIRA
EDUARDO
Nesta segunda entrega Eduardo afronta
unha nova etapa na que se dedica a axudar
a Cuca na bodega. Pese a que grazas ao
botín puido pagar as súas débedas, agora
ten un novo problema: evitar que o resto
descubra que foron eles quen levaron os
cartos. O máis difícil é conter a Sabonis e a
Modesto, pois a ningún dos dous se lles da
moi ben disimular.
Empower
Growth


IOLANDA MUIÑOS
CUCA
En ‘+Cuñados’ vemos a Cuca
entregada de cheo ao negocio da
bodega. E non é para menos: ‘Fillas do
Ribeiro’ non deixa de gañar premios
e xa se move incluso por mercados
internacionais. O volume de traballo é
tan alto que botará man de Eduardo
para que lle axude na súa aventura
empresarial.
AS IRMÁS

MARÍA VÁZQUEZ
PEQUE
Tras a crisis da primeira película,
Peque non quere volver con Sabonis a
pesar dos esforzos del por parecer un
home renovado. A atención de Peque
está posta por completo noutro asunto
máis importante para ela: o Entroido
ourensán. É a súa festividade preferida
e non pode pensar noutra cousa que
non sexan máscaras e comparsas.

MODESTO
MATI
A relación de Mati con Diogo vai vento
en popa, pero polo momento mantéñeno en segredo. Só o saben as súas irmás, que insisten en que Mati llo presente á familia, aproveitando que pasará uns días en Ourense durante o Entroido. Que tal levará a familia a incorporación dun novo cuñado?
EVA FERNÁNDEZ

A FAMILIA
A pesar dos últimos acontecementos, a familia Ribeiro continúa máis unida que nunca. Antía e Moraima pegaron o estirón e levan con bastante naturalidade a separación dos seus pais. Aurelia, pola súa parte, acolleu a Modesto coma un cuñado máis e está encantada coa chegada de Diogo como un membro máis da familia. Por iso, presiona ao resto dos cuñados para que o integren no grupo.

"Se non hai corpo,
non hai crime!"


O DIRECTOR:
Luis Avilés

Luis Avilés (1969) é director, realizador e montador de películas e documentales. Formouse no CECC (Centre d’Estudis Cinematográfics de Catalunya). Os seus inicios profesionais están vinculados á TVG, na realización de programas tan populares como Criaturas ou Casamos, ambos líderes de audiencia. No campo da ficción, algunhas das súas obras máis destacadas son os cortometraxes ‘A SUBELA’ (escrito e dirixido por el), o cortometraxe ‘UNARY’ (gañador do Premio Mestre Mateo) ou a súa primeira longametraxe ‘RETORNOS’. No campo do documental destaca ‘OS DÍAS AFOGADOS’ (2016) e ‘IDÉNTICAS’ (2019), gañador en ambos casos do Premio Mestre Mateo a Mellor Documental, así como o seu traballo máis recente ‘OPERACIÓN MAREA NEGRA: LA TRAVESÍA SUICIDA’ (2022).
+CUÑADOS garda as esencias da primeira parte: é unha comedia moi divertida, é profundamente galega e universal e os personaxes siguen utilizando o caos coma solución ós seus problemas. Nesta entrega mestúrase o mundo do viño coas cores e sons do entroido ouresán, un entroido moi singular que serve de escenario perfecto para esta nova aventura dos cuñados. Eduado, Sabonis e Modesto, seguindo a estela da primeira parte, volven a rozar o crimen pero desta vez cun problema máis gordo e perigoso, o que deriva nunha película máis delirante e frenética. A materia prima estaba aí: uns actores e actrices de primeiro nivel, un equipo técnico entregado e marabilloso, uns personaxes cun universo ben definido ó que había que saber darlle unha volta máis e, por suposto, un guión afinado. Foi un reto facer +CUÑADOS, o listón alto da primeira parte era unha meta clara a que había que, polo menos, chegar; creo que o conseguimos.


O PRODUCTOR:
Alfonso Blanco
Considerado un dos showrunners máis importantes da industria nacional, Alfonso Blanco é o CEO e produtor executivo de Portocabo. Nos 10 anos de traxectoria da produtora conseguiu posicionar á compañía nos principais mercados europeos de coprodución e establecer unha extensa rede de alianzas para producir ficción para o mercado internacional.
Con Portocabo, Alfonso Blanco coproduciu con países como Italia, Francia ou Portugal e produciu ficción para Disney Italia, RAI, RTP, TV3, TVG, RTVE, Movistar Plus+, ARTE France, Paramount+ ou Atresmedia. Algunhas das últimas series que produciu con Portocabo son: as dúas temporadas de ‘HIERRO’ (Movistar Plus+ e ARTE France) ; as tres temporadas de ‘RAPA’ (Movistar Plus+); as dúas temporadas de ‘AUGA SECA’ (RTP e TVG); ‘HONOR’ (Atresmedia); ‘LOS ENVIADOS’ (Paramount+), ‘LOS ARGONAUTAS’ (RTVE); ‘VIDAGO PALACE’ (RTP e TVG); ou as películas ‘CUÑADOS’ e ‘+CUÑADOS’.
Recentemente converteuse no primeiro membro galego da International Academy of Television Arts & Sciences e foi seleccionado como un dos 50 líderes máis influentes da ficción iberoamericana. Grazas ao seu esforzo e liderado, Portocabo foi galardoada co Premio da Cultura Galega no 2024 na categoría de audiovisual. Dende 2023 tamén é presidente do Cluster Audiovisual de Galicia.


"Que estamos de Entroido!!"
En +Cuñados hai unha grande aposta por contar unha das tradicións máis coñecidas de Galicia: O Entroido ourensán.
O Entroido é a festa por excelencia de Ourense. Son días e noites de música, máscaras, viños, risas e longas comidas entre amigos. Unha celebración ao grande con raíces que se perden no tempo e que en Ourense se viven con paixón. De feito, a cidade é coñecida como a capital do Entroido de
Galicia. Esta festa popular ten un peso especial na trama de +Cuñados. Por iso todas as historias que lles suceden aos protagonistas están vertebradas sobre as celebracións que teñen lugar durante o Entroido. Así, os cuñados vestiranse de mulleres o xoves de comadres, participarán xunto co resto da familia nas comparsas do domingo de Entroido, onde irán disfrazados de polbo, ou atenderán outras citas típicas destas festas como as saídas de cuadrillas. É tamén no medio dos festexos do Entroido cando terá lugar uno dos momentos máis tolos da película: a persecución de Viriato a Diogo e aos cuñados.
Comadres
En +Cuñados, a personaxe de Cuca está moi implicada en impulsar o negocio de la adega familiar. Con este propósito, crea un nuevo viño: Comadres.
Este viño fai referencia a un dos días máis especiais do Entroido en Ourense, o xoves de Comadres, o día adicado á festa das mulleres. Con esta etiqueta ponse de novo de relevancia ás mulleres como emprendedoras do negocio. Un elemento de modernidade que xa introducira Cuñados.
Como na primera película, contamos coa colaboración do Consello Regulador de Denominación de Orixen Ribeiro. A zona do Ribeiro é coñecida pola grande calidade da súa produción vinícola. Comadres servirá como promoción do filme, así coma de emblema dos grandes viños da zona, que mezclan con sabiduría tradición e innovación.





Making of





En pouco máis de 10 anos, Portocabo posicionouse como unha produtora de referencia nos principais mercados nacionais e europeos, establecendo unha rede de alianzas para producir ficción e abrindo España á coprodución internacional. Liderando a compañía, Alfonso Blanco é hoxe un dos produtores executivos e showrunners máis importantes do país.

Entre os seus proxectos destacan series do xénero crime drama como: as tres temporadas de ‘RAPA’ (producida para Movistar Plus+), as dúas temporadas de ‘HIERRO’ (coprodución con Movistar Plus+, ARTE Francia e Atlantique Productions), as dúas temporadas de ‘AUGA SECA’ (coprodución con CRTVG, RTP e SP-i), ‘HONOR’ (Atresmedia) ou ‘LOS ENVIADOS’ (Paramount+). A película ‘CUÑADOS’ ou a serie kids live-action ‘OS ARGONAUTAS’ (coprodución con Clan/ RTVE).
A excelencia das súas series fíxolles gañadores de premios nacionais tales como o Forqué (Hierro y Rapa); Feroz (Hierro y Rapa); Iris (Hierro e Rapa); Ondas (Hierro), Celtic Media (Agua Seca) así como numerosos Premios Mestre Mateo (Hierro, Rapa, A Viaxe de Leslie). En 2024, a porductora Portocabo recibiu o Premio a á Cultura Galega na categoría de audiovisual, grazas á súa "destacada excelencia creativa e á súa contribución á difusión cultural".